
Potencia e marxe: 1.488 € ao ano
que quedaron en 810 €.
A adega tiña unha tarifa 3.0TD indexada, con 17,3 kW de potencia contratada e unha marxe de 0,015 €/kWh. Comparamos o seu histórico de consumo dos últimos 12 meses con outras ofertas indexadas, tramitamos o cambio a unha con menos marxe e menos custo de potencia, e baixamos a potencia contratada a 15 kW.
Unha tarifa indexada con marxe e potencia caras
A adega pagaba a enerxía a prezo de mercado máis unha marxe de 0,015 €/kWh, con 17,3 kW de potencia contratada nos seis períodos. Nos últimos 12 meses consumiu 31.867 kWh, case 14.200 en P6, e a parte da súa factura que depende da comercializadora (potencia e marxe) sumaba 1.488,13 € ao ano antes de impostos.
O reto: manter unha tarifa indexada, pero con mellores condicións, e axustar a potencia ao que realmente necesita, sen cortes de subministración nun negocio aberto ao público.
Mellorar o indexado e axustar a potencia
Análise do histórico de consumo
Recompilamos o consumo real dos 6 períodos dos últimos 12 meses, xunto coa potencia contratada e os prezos da tarifa actual.
Comparativa de indexados
Nunha tarifa indexada o prezo da enerxía é o índice de mercado máis unha marxe, e o índice é o mesmo en todas. Por iso comparamos o que si cambia: a marxe e o prezo da potencia en cada período.
Cambio de comercializadora
Tramitamos o cambio a unha tarifa indexada cunha marxe de 0,005 €/kWh en lugar de 0,015 € e prezos de potencia máis baixos en P3–P6, e baixamos a potencia contratada de 17,3 a 15 kW. A parte de potencia e marxe pasou de 1.488,13 € a 809,90 € ao ano.
Mesma adega, 863 € menos ao ano
Co novo indexado e a potencia a 15 kW, a parte da factura que depende da comercializadora pasou de 1.488,13 € a 809,90 € ao ano: 678,23 € menos antes de impostos, 862,60 € con IEE (5,11%) e IVE (21%). A marxe baixou 318,67 € e a potencia 359,56 €, dos que uns 100 € veñen de contratar 15 kW en lugar de 17,3. Cálculo co histórico de consumo dos últimos 12 meses; o prezo da enerxía en si, o índice de mercado, é o mesmo en ambas as opcións.
863 €
Aforro anual con IEE e IVE
678,23 €
Aforro anual sen impostos
31.867
kWh ao ano
-67%
Marxe de enerxía
Queres saber se a túa tarifa ten marxe de aforro?
Análise gratuíta e sen compromiso, tamén para tendas, adegas e negocios con varios períodos.
